jueves, enero 27, 2005

¿Para cando eleccións?

Todo o mundo, sobretodo o meu querido amigo Quintana, estame a preguntar que para cando vai a ver eleccións en Galiza.
Primeira cousa, eu non digo Galiza, digo Galicia, ese invento de decir Galiza é algo para despistar, ou para parecer máis cool, unha de duas.

Segunda cousa, as eleccións van ser cando a min me pete, que para iso son o Presidente, pese a quen lle pese.

E é que mira que teñen gañas os da oposición de perder outra vez. A min non me tira ninguén da presidencia (eso xa o deberían saber, por repetición de acontecementos) nin o Plan Galicia, nin Nunca Máis, nin Aznar, e menos ahora Raxoi (estes dous últimos son peores que a oposición)

Eles si queren poden quedarse con Galiza: Ese territorio virtual que non existe, que faigan con ela o que queiran, si lles peta que faigan tamén un novo estatuto virtual, eu quedome ca nosa Constitución (que para iso a fixen) e ca Galicia real, a Galicia de sempre, coa c de chapapote, a Galicia da maleta o lombo, e da subvencción europea.
Prometo un millón de gaitas, para cando gañe outra vez, esa si que vai ser boa.